Sábado 29 Outubro 11:30h. MAC

Entrada libre e de balde até completar aforamento.

A pequena orfa Molly ten unha vida moi dura no destartalado orfanato dirixido pola Señorita Adderstone, unha muller cruel. Un bo día, Molly atopa un libro titulado “Hipnotismo, explicación dunha antiga arte”. É posible aprender as súas leccións e usar a hipnosis para escapar da súa miserable vida? Pode utilizar o hipnotismo para recuperar ao seu amigo Rocky, que foi adoptado? Molly non tarda en descubrir que aínda que a hipnosis pode facer realidade os teus soños, tamén pode facer que as cousas escapen facilmente ao teu control e que acabes metida en líos tremendos con ladróns de bancos. Tamén aprenderá cales son as cousas que verdadeiramente importan na vida.

Unha divertida película interpretada por Raffey Cassidy, Emily Watson, Saddie Frost, Dominic Monaghan e Joan Collins.

13:00h. MAC

Obradoiro didáctico: FashionVictims

Duración: 45min. Reserva previa.

Na película vimos como a beleza, o gusto ou o éxito son modas pasaxeiras, algo absolutamente baleiro. A televisión impón que a nosa atención se centre hipnóticamente en absurdas estrelas e personaxes deseñados para unha sociedade adormecida, baleira.

En Fashion Victims converterémonos en irónicas vítimas da moda. Xogaremos a terxiversar todos os canons da beleza, o bo gusto, as modas, para crear novas iconas de actitude auténtica, espontánea, desbordante de fantasía. A nosa equipa de Caracterizacións FX, vestiario e atrezzo estará á vosa disposición para materializar as vosas creacións. A sesión será inmortalizada en fotografías instantáneas que vos levaredes de recordo. Desinhíbete e goza connosco nunha divertida festa das cousas feas sen gusto; princesas zombies, galáns monstruosos… pasaralo xenial.

 

selecta