ZOMBIEWALK FKM 2016

zw_fkm2016

Este ano a confluencia de forzas perversas alíanse para unha xornada especialmente terrorífica: a ZombieWalk que reúne a miles de mortos viventes, coincidindo cunha data especial para os amantes do terror, a celebración da noite dos mortos.

MAQUILLAXES PREVIA CITA E DE EXHIBICIÓN

spadaccini-2Durante toda a tarde o noso equipo de Maquillaxe FX caracterizará (por 5€) a todas as persoas que fixesen a súa reserva escribindo a sfx@fkmcine.org.

Este ano a temática é ZOMBIES, HALLOWEEN e ALIENÍXENAS.

Tamén poderemos gozar da maquillaxe de exhibición que realizará Pablo Perona (May Effects), que imparte este ano a Masterclass FX (no MAC). Sorprenderavos!

Congregamos a todos os zombies no Obelisco ás 21:30h, o luns 31, para alagar as rúas da cidade.

A 6ª ZombieWalk percorrerá as rúas da cidade unha vez máis zombificándolo todo ao seu paso, até chegar á praza do Campo da Leña, desde onde nos dirixiremos ao pub Black Widow (c/ Panadeiras 13), para a entrega de premios do…

formx

CONCURSO ZOMBIEWALK

Para premiar ás mellores caracterizacións que formen parte da marcha. O premio consistirá nun kit de maquillaxe e materiais FX, cortesía de FORMX e unha botella de licor, cortesía do Black Widow.

A entrega de premios terá lugar no pub Black Widow (c/ Panadeiras 13), onde desemboca a zombiewalk.

GRAN FESTA MORTAL

A partir das 24:00h no pub Black Widow (c/ Panadeiras 13) comeza a Gran Festa Mortal, con chupito macabro gratis para zombies e Jäggermeister show. Pondo musiqueo estará o dj Jordi Pánico. Non cha perdas ou arrepentiraste.

logos-zw