ANIMAC

ANIMAC

ANIMAC: Sesións matinais. Sesións infantís.

Un ano máis, en colaboración co Museo de Arte Contemporáneo (MAC) da Fundación Naturgy, volverán as sesións matinais de Anime e Debate e as Sesións Infantís, de Anime e Obradoiros para toda a familia. Selecta Visión é unha xestora,produtora e distribuidora líder en anime xaponés coa que FKM leva colaborando desde o 2013 na difusión deste xénero en Galicia. Unha oferta educativa dirixida tanto a público en idade adolescente como a público infantil e familiar na que ao fnalizar cada película proponse unha actividade refexiva.

Sesións matinais

As sesións matinais estarán complementadas cada unha cun debate con Javier Trigales.

Javier Trigales é guionista, xestor cultural e profesor de audiovisuais. Traballou de redactor e guionista en programas de TV como El Intermedio (A Sexta) e Sé lo que hicisteis (La Sexta).
Desenvolveu formatos audiovisuais (reality-shows, talk shows, investigación xornalística, programas de entretemento…) para as produtoras Globomedia e Lúa Films e as cadeas Cuatro, La Sexta e TVG.
Así mesmo, exerce a crítica cinematográfca para numerosos medios e publicou varios libros colectivos como Cine XXI: directores y direcciones (Ed. Cátedra) ou Cine fantástico y de terror español (Ed. T&B).

Your Name (Makoto Shinkai, 2017)

Outubro 16,11:30 - 13:00
107′ Todos os públicos. Mitsuha é unha estudante que vive no campo e detesta os pintorescos costumes da súa familia. Soña coa marabillosa vida dos habitantes de Tokyo. Doutra banda, Taki é un estudante que vive en Tokyo, traballa a tempo parcial e tamén está farto da súa familia. Unha ...

El lugar que nos prometimos (Makoto Shinkai, 2004)

Outubro 17,11:30 - 13:00
91’ Todos os públicos Nunha liña temporal paralela, Xapón dividiuse logo de perder a Segunda Guerra Mundial. No centro erixíuse unha xigante e misteriosa torre. No verán de 1996, tres estudantes prometen construír algún día un avión e descubrir o misterio da torre, pero abandonan o seu ...

INUYASHA: La batalla a través del tiempo (Toshiya Shinohara, 2001)

Outubro 18,11:30 - 13:00
100’ Recomendada +13 Inu Yasha é un semidemo que pasou cincuenta anos encadeado a unha Árbore Sagrada. Foi liberado do seu encerro por Kagome, unha moza que viaxou 500 anos no tempo ata o Xapón feudal. Desde entón, ambos intentan reunir os fragmentos da Xoia dos Catro Espíritos. Para iso ter...

Patlabor 1 (Mamoru Oshii, 1993) 100’

Outubro 19,11:30 - 13:00
100’ Recomendada +12 Os patlabor son xigantescos robots-policías pilotados por seres humanos que se encargan de velar pola paz e a seguridade. Nun principio foron fabricados para o seu uso na construción, pero comezaron a ser utilizados para actos de sabotaxe e terrorismo, polo que se creou un c...

Sesións infantís

Na fin de semana proxectaremos 2 longametraxes, seguidas dun obradoiro didáctico específco para cada título, organizados por Ludidáctica.

Ludidáctica é unha empresa dedicada ao deseño e implementación de programas de mediación cultural e didácticos. Desde 2005 desenvolveu máis dun centenar de proxectos para diversas institucións e organizacións culturais. Imparte cursos e conferencias relacionados coa comunicación audiovisual, é comisario de exposicións, asesor creativo de mercadotecnia e publicidade e content curator de net art.

Fairy Tail: La sacerdotisa del Fénix (Masaya Fujimori, 2012)

Outubro 20,11:30 - 13:00
85’ Todos os públicos Unha misteriosa moza chamada Eclair deambula sen rumbo acompañada por un estraño paxaro chamado Momon. A rapariga sofre amnesia e o único que lembra é que debe entregar a Pedra do Fénix que leva con ela nalgún lugar. Lucy e o equipo máis forte de Fairy Tail ofrécense...

Rudolf, The Black Cat (Kunihiko Yuyama, Motonori Sakakibara, 2016)

Outubro 21,11:30 - 13:00
90’ Todos os públicos Rudolf, un gatiño negro, é separado inesperadamente do seu querido propietario: sen saber o porqué, un día espértase dentro dun camión que se dirixe á gran metrópole de Tokyo. Alí, coñece a Ippai-Attena, un gato con aparencia de tigre que é respectado e temido por...

Leave a comment