Bases Concurso Internacional de Guións de Curtametraxes FKM 2017

Bases Concurso Internacional de Guións de Curtametraxes FKM 2017

A organización do FKM- Festival de Cinema Fantástico da Coruña presenta a convocatoria para participar na sección oficial do I Concurso Internacional de Guión para Curtametraxes. Participan no premio: a Asociación Galega de Guionistas (AGAG), a Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI), a European Women’s Audiovisual Network (EWA Network) e FKM.

REGULAMENTO:

  1. Poderán presentarse a este certame todos os autores e autoras nacidos en Galicia independentemente do seu lugar de residencia, así como aqueles que actualmente estean empadroados en Galicia.
  2. Os guións presentados deben ser inéditos e estar escritos en lingua galega. No caso de que o guión sexa unha adaptación dunha obra literaria precedente, o autor debe atoparse en posesión dos dereitos de adaptación da obra orixinal ou esta debe atoparse en dominio público.
  3. Non se aceptará ningunha obra que non fose inscrita previamente no Rexistro da Propiedade Intelectual ou que fose premiada con anterioridade nalgún outro concurso. Non se admitirán tampouco sinopse, tratamentos nin guións inacabados.
  4. Será descualificada toda obra presentada que fose filmada con anterioridade ao concurso, ou se atope comprometida con algunha empresa audiovisual para o devandito fin no tempo comprendido entre a súa presentación no certame e o fallo do xurado.
  5. A temática do guión enmarcarase dentro dos xéneros fantástico, terror ou ciencia ficción.
  6. O xurado valorará a calidade, interese e viabilidade dos guións. Tamén se valorarán especialmente aqueles guións que mostren unha perspectiva de xénero (incluíndo personaxes de mulleres protagonistas) evitando a representación de mulleres como meras vítimas e evitando incorrer en tópicos sexistas ou denigrantes.
  7. O prazo de admisión de guións remata o 31 de Xullo de 2017  31 de Agosto(Inclusive). Non se admitirán obras entregadas fóra de prazo.
  8. As obras débense enviar por correo certificado á seguinte dirección postal:
    • C/ Praza Fonte Seoane N. 2 11 Esquerda C.P 15001 da Coruña . á atención de FREAKEMACINE, nun sobre no que conste: “Concurso Internacional de Guión para Curtametraxes- FKM 2017″.
  9. No interior, deberán introducirse dous sobres de menor tamaño. É fundamental que se respecten as condicións indicadas a continuación:
    • Sobre 1: en soporte informático (usb ou cd-rom), para preservar o anonimato do participante, deben estar a sinopse e unha copia do guión en formato .PDF. Os dous documentos estarán asinados con pseudónimo, nunca co nome real do autor. No exterior de leste sobre constará unicamente o título do guión.
    • Sobre 2: PLICA:
      • Un folio co título do guión, nome do autor, dirección e teléfono de contacto;
      • copia do DNI ou Pasaporte;fotocopia do certificado de inscrición do guión no Rexistro da Propiedade Intelectual. No exterior deste sobre escribirase unicamente o pseudónimo empregado na autoría do guión.
      • Un breve curriculum vitae do concursante.
        A ausencia de calquera destes documentos suporá a descualificación do concursante.
  10. Cada participante só pode enviar un guión, cunha extensión mínima de 5 páxinas e máxima de 15.
  11. Os orixinais deberán presentarse nalgún dos formatos convencionais que se empregan na profesión cinematográfica. Tipografía Courier ou Courier New, a corpo 12; ou estar escritos mediante algún dos softwares específicos de escritura de guión.
  12. Establécense 500€ de premio en metálico outorgado por un xurado conformado por membros de AGAG, AGAPI e EWA Network. O premio non poderá ser declarado deserto e a decisión do xurado será inapelable. No suposto de existir empate de votos entre os membros do xurado, o Presidente do Xurado poderá facer uso do seu voto de calidade para decantar o fallo.
  13. Todos os premios e galardóns de FKM daranse a coñecer e entregaranse no evento de clausura do festival, o domingo 22 de outubro.
  14. O autor do guión que resulte premiado, deberá comprometerse a que se o guión chegase a realizarse, incluirá nos seus títulos un crédito que recoñeza a achega do Festival. Premio Mellor Guión/ Mención de Honra, Concurso de guión para curtametraxes FKM- 2017 .
  15. A inscrición neste certame supón a total aceptación das súas bases. Calquera cuestión non prevista nestas será resolta pola Organización do Festival.