Concurso Internacional de Curtametraxes “Cinema Fetus”

Concurso Internacional de Curtametraxes “Cinema Fetus”

Esta sección competitiva  busca as producións máis experimentais e arriscadas, onde o enxeño, a capacidade de inventiva e as narrativas non convencionais sexan capaces de ofrecer unha obra que optimice os recursos dispoñibles con talento, creatividade e sentido do humor. Este concurso está dirixido ao emprendemento cinematográfico galego para fomentar os xéneros cinematográfcos de terror, fantástico e ciencia ficción en Galicia e para impulsar o emprego do galego neste tipo de producións.

Proxectaranse curtametraxes cen por cen en V.O. en galego e serán premieres mundiais .

O premio Fetus á mellor curtametraxe, Gloria Bendita á Realización Máis Salvaxe, está dotado de 500€ en metálico e un trofeo deseñado por Alberto Hortas. O público, gran protagonista, entrega 5 trofeos nas seguintes categorías: Morte Máis Lograda, Tremendo Mellor Berro, Caracterización Máis Enxeñosa, Mellor Escena de Sexo Intenso e Mellor Teoría Patafísica.

Alberto Hortas (4ojos estudio)

Artista galego de efectos especiais de maquillaxe. Traballou nas principais empresas do sector dos FX en España, como Reyes Abades, DDT, Plan 9 FX ou Dharma Estudio. Participando en proxectos tales como: El laberinto del Fauno, El espinazo del diablo, o programa televisivo Muchachada Nui, EVA e Lobos de Arga. Coa súa propia empresa 4ollos Studio, colaborou para cinema en longametraxes como Agallas, Os Crebinsky, e en teatro para o Centro Dramático Galego.

 

Concurso Internacional de Curtametraxes “Cinema Fetus”

Leave a comment