Dragon Ball Z: la resurrección de F (Tadayoshi Yamamuro, 2015) 94′

Domingo 30 Outubro 11:30h. MAC

(+7)

Entrada libre e de balde até completar aforamento.

Sorbet e Tagoma, dous guerreiros do exército do Emperador Freezer chegan á Terra coa intención de usar as bólas de dragón para resucitar ao tirano espacial e restaurar o seu imperio. Cando o recomposto e atolondrado Freezer chega á Terra co seu novo exército só pensa en vingarse de SonGoku. Aquí enfrontarase a tódolos nosos herois, que abandoarán as suas vidas cotiás para voltar ás pelexas estratosféricas, mentres agardan por SonGoku e Vexeta. Pero Freezer agocha unha nova transformación que sorprenderá aos nosos amigos.

13:00h MAC

Obradoiro didáctico: Kung-Funky Stories

Duración: 45min. Reserva previa.

Despois dunha película de risas e pelexas, con moralexa: esfórzate sempre ao máximo, non agardamos outra cousa 😉

O que vos propoñemos é a creación da vosa propia version da película. Sintetizaredes en 3 otogramas, a modo de story- board unha versión distinta da historia. Diversos fondos e personaxes en adhesivos facilitaranvos a tarefa. Poderedes elixir entre todos os personaxes da película, en diferentes posturas e ángulos de cámara, para poder compor as viñetas á vosa maneira.

selecta

Leave a comment

*