Entrega de premios e galardóns do FKM 2017

Entrega de premios e galardóns do FKM 2017

Na tarde de onte tivo lugar no MAC a cerimonia de clausura da novena edición do Festival de Cinema Fantástico coa súa entrega de trofeos e galardóns. Remata desta maneira unha nova edición de FKM que ano tras ano gaña en número de películas participantes, actividades e público. O primeiro festival dos xéneros fantástico e de terror en Galicia concluíu nunha cerimonia na que se invocou ao espírito do escritor, ocultista, pintor e mago cerimonial Aleister Crowley.

Os premios e galardóns da novena edición de FKM son

Concurso internacional de longametraxes Ópera Prima FKM 2017

  • Premio do xurado: Sweet Virginia de Jamie Dagg
  • Premio do público: Ícaros: a Vision de Leonor Carballo e Matteo Norzi

Galardóns:

  • Mellor guión: Woman Who Kill de Ingrid Jungermann
  • Mellor banda sonora. Woman Who Kill de Ingrid Jungermann
  • Mellores efectos especiais: Housewife de Can Evrenol
  • Mellor cartel: Woman Who Kill de Ingrid Jungermann

Concurso internacional de curtametraxes FKM 2017

  • Premio do xurado: Fucking Bunnies de Saatanan Kanit
  • Premio do público: Rip de Albert Pintó e Cage Casas

Concurso internacional de guións de curtametraxes FKM 2017

  • Premio compartido: Amor Infinito de Sergio Trillo Rama e Perdidas de Carlota Dans e Nico Frasquet

Concurso Internacional de Curtametraxes “Cinema Fetus” dedicado a curtas experimentais de baixo orzamento

  • Premio: Radio Deskontrol de Diego López Curros

 

Leave a comment

*