0

Cargando Eventos

« Programa

  • Este evento ha pasado.

1ª SESIÓN CONCURSO INTERNACIONAL DE CURTAMETRAXES

Outubro 20,18:00 - 20:15

Gratuito

Entrada libre e de balde ata completar aforamento

Xmile (Miguel Ángel Font Bisier, 2016) 14’ – España

Nun mundo sen osíxeno, gobernado por unha sociedade de máscaras, canto pagarías por un sorriso auténtico? .

Distribución: Promofest, distribucion@promofest.org

Escarabana (Sara Casasnovas, 2017)  10’ – España

A fame, a brétema, a fuxida. Unha parella atrapada na eternidade. Unha viaxe sen fin cara á propia natureza, conducindo Cadillacs e escapando do sol.

Distribución: Banatu Filmak, Info@banatufilmak.com

Cerulia (Sofia Carrillo, 2017) 13’- México

Cerulia inicia unha viaxe para despedirse da casa da súa nenez pero os recordos e a presenza dos seus avós non a deixarán partir.

Distribución: Instituto Mexicano de Cinematografía, informes@imcine.gob.mx

RIP (Albert Pintó  y Cage Casas, 2017) 16’ – España

Nun pobo de mala morte, unha muller prepara o funeral do seu marido. Todo debe saír á perfección, xa que para ela é moi importante quedar ben cos invitados.

Distribución: Alhena Production, info@alhena.cat

Nothing a Little Soap and Water Can’t Fix (Jennifer Proctor, 2017) 9’- USA

Usando as películas películas axeitadas, este found footage experimental desconstrúe as representacións das mulleres neste espazo doméstico que é a bañeira como historicamente foi enmarcado polo xénero cinematográfico do terror.

Distribución: Jennifer Proctor, proctor.jennifer@gmail.com

Estrea en España

Bestia (Gigi Saul Guerrero, 2017) 8’ – Canadá

Un desastre deixou a un só sobrevivente, que esperta nunha praia deserta. Pronto, será evidente que os perigos que asexan no bosque son máis terribles que unha besta famenta.

Distribución: Lucha Gore Productions, luchagoreproductions@gmail.com

The Curse of The Flesh (Yannick Lecoeur, Leslie Lavielle, 2016) 17’ – Francia

Uns homes invisibles a bordo dun barco pirata desembarcan nunha illa exótica, onde esperan atopar unha pedra que lles libere da súa invisibilidade. Pero esta illa está habitada por unha tribo de guerreiras que adoran a misteriosa pedra …

Distribución: Melting-productions contact@melting-productions.fr

Eldritch Code (Ivan Radovic, 2017) 10’ – Suecia

Un programador de redes debe deter a propagación dun virus, sen ser consciente dos horrores cósmicos que está a piques de liberar.

Distribución: ivan_rrr_4@hotmail.com

 

Xurado

Jesús Palacios, Koldo Serra e Nieves Delgado.

Detalles

Fecha:
Outubro 20
Hora:
18:00 - 20:15
Precio:
Gratuito
Evento Categorías:
,

Lugar

CGAI
Durán Loriga, 10
A Coruña, A Coruña 15003 España
+ Google Map
Teléfono:
881 881 260
Pagina Web:
http://www.cgai.org/