0

Cargando Eventos

« Programa

  • Este evento ha pasado.

5 centímetros por segundo (Makoto Shinkai, 2007)

Outubro 17,11:30 - 13:30

Gratuito

63’ Todos os públicos

A que velocidade debo vivir para poder volver verche?

As vidas de Akari Shinohara e Takaki Tono separáronse o mesmo día que acabaron a escola primaria. A pesar dos sentimentos especiais que albergaban o un cara ao outro, os pais de Akari trasladáronse a outra cidade e a distancia obrigoulles a manter o contacto a través de cartas. Un ano despois, Takaki viaxa en tren en condicións climáticas adversas para reencontrarse con Akari. Pero o inexorable paso do tempo sepáraos cada vez máis ata que as cartas deixan de chegar e cesa todo contacto. Aínda así, Takaki non pode quitarse da cabeza a idea de reencontrarse con ela, o que lle impide relacionarse satisfactoriamente co mundo e a xente que lle rodea. A película divídese en 3 historias que narran diferentes etapas na vida dos personaxes desde distintos puntos de vista: “Extracto de Flor de Cerdeira”, “Cosmonauta” e “5 centímetros por segundo”. O título fai referencia á velocidade á que caen os pétalos da flor da cerdeira. Metáfora da lentitude do paso do tempo e das vidas que empezan xuntas e sepáranse tomando camiños diferentes.

Cunha deslumbrante ambientación hiperrealista e un gusto polos detalles, chega a confundir ao espectador, que por momentos perde a noción de estar a ver unha animación. Todos os espazos e lugares están tomados da realidade ata o punto de configurar unha viaxe por un mundo cargado de fantasía poética pero absolutamente recoñecible.

A película compleméntase cun debate conducido polo crítico e guionista Javier Trigales.

https://youtu.be/gTBUy4EqQQ0

Detalles

Fecha:
Outubro 17
Hora:
11:30 - 13:30
Precio:
Gratuito
Evento Categoría:

Lugar

MAC (Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa)
Avda. de Arteixo ,171
A Coruña, A Coruña 15005 Spain
+ Google Map
Teléfono:
981 911 476