0

Cargando Eventos

« Programa

  • Este evento ha pasado.

Black Hollow Cage (Sadrac González Perellón, 2017) & Paxaro Escuro (Simón Casal De Miguel, 2017)

Outubro 18,22:30

2,90€

Duración: 105’
Entrada: 2,90€

Unha nena, que vive illada nunha casa no medio do bosque coa única compañía do seu pai e un can lobo, atopa entre os arboles un misterioso artefacto cúbico coa capacidade de cambiar o pasado.

É unha película de ciencia ficción que supón a primeira produción da produtora barcelonesa Asallam Films e que chega a FKM tras o seu paso pola sección oficial internacional competitiva do festival de xénero máis importante de Asia, o BIFAN 2017, onde obtivo a Mención Especial do Xurado, e a sección Oficial Competitiva do Festival Internacional de Cinema Fantástico de Cataluña (Sitges). A totalidade da película está rodada en Cásaa Horizonte, no Vall de Bianya (Xirona). Unha construción espectacular deseñada pola casa de arquitectos RCR gañadores do premio Pritzker 2017.

Distribuidora: Asallam Films  info@asallamfilms.com

Sadrac González Perellón (Madrid, 1983). Estudou Comunicación Audiovisual na Complutense de Madrid. A súa curta, El señor cuello largo (2005), alzouse co segundo premio en Alcine35. En 2009, dirixiu o seu primeiro longo, Myrna Has Gone que resultou gañador do premio de honra do xurado no Festival de Cinema de Austin.

 


Antes da película poderemos ver  a curtametraxe a concurso:

Paxaro Escuro (Simón Casal De Miguel, 2017) 14’

Galicia, 2035. Tras A Fractura, os estados foron troceados e vendidos ás corporacións. O 80% do territorio galego está arrasado. Non queda rastro de ningún paxaro.

 

Distribución: BANATU FILMAK, info@banatufilmak.com
Estrea Mundial

Presentada polo director

Detalles

Fecha:
Outubro 18
Hora:
22:30
Precio:
2,90€
Evento Categorías:
,

Lugar

Cantones Cines
Av del Alférez Provisional, 3
A Coruña, A Coruña 15003 España
+ Google Map
Teléfono:
981 224 442
Pagina Web:
http://www.cantonescines.com/