0

Cargando Eventos

« Programa

CERIMONIA DE CLAUSURA

Outubro 22,18:30 - 20:30

Gratuito

Entrada libre e de balde ate completar aforamento.

Presentada por… Juanillo Esteban

Cerimonia de Clausura da IX edición do festival FKM. Procederase á entrega de premios das seguintes seccións competitivas:

-Concurso Internacional de Longametraxes Ópera Prima: Premio Amando de Ossorio do Xurado, que tamén outorgará galardóns nas categorías de Mellor Guión, Mellores Efectos Especiais, Mellor Banda Sonora Orixinal e Mellor Cartel. E o Premio do Público (trofeo pintado por Pablo Galo).

-Concurso Internacional de Curtametraxes: Premio do Xurado e Premio do Público (trofeo pintado por Silvia García)

-Concurso Internacional de Guión para Curtametraxe, cun premio en metálico.

E para finalizar a cerimonia FKM ten o privilexio de presentar ao …

COMANDO PSICOGRÁFICO nunha Invocación ao espírito de ALEISTER CROWLEY. Coa participación de Servando Rocha* (Editorial La Felguera)

Nunha especial cerimonia de carácter ritual invocaremos ao espírito de Aleister Crowley, o famoso mago inglés, creador da relixión de Thelema, que en 1904, en Exipto, recibiu dunha entidade espiritual chamada Aiwass, o contido do seu Libro da Lei. Para esta invocación cerimonial utilizaremos a edición do libro que La Felguera publicou baixo a supervisión da Ordo Templi Orientis (O.T.O.), respectando a súa edición manuscrita de 1938. Servando Rocha (editor e autor do prólogo) recitará varias pasaxes co fin de espertar o espírito de Crowley.

Así, coa Voz de Aiwass dará comezo o ritual do Comando Psicográfico, na actuación máis escura e sobrecolledora das que realizasen ata a data.

Ideadas por Pablo Gallo, as Sesións Psicográficas son unha serie de performances en forma de ritual pagán: Gallo debuxa a cegas mentres se proxecta o resultado e soan as improvisacións espectrales do músico Iago Alvite. En cada performance é invocado o espírito dun escritor morto. Desta maneira, a través do debuxo automático e da música improvisada, convídannos a visitar Outros Mundos, a penetrarnos nas visións dalgún lugar situado entre a vixilia e o soño, tal vez preto dun incipiente pesadelo ou de escuras alucinacións primitivas. Trátase dun proxecto efémero e experimental que vira en torno ao espiritismo e que se nutre tanto do happening artístico como da función teatral.

*Servando Rocha entregará na Cerimonia de Clausura salvoconductos para poder asistir a unha reunión secreta nun singular local da cidade. Alí poderase ver o seu Gabinete de Curiosidades Invisibles, unha colección de obxectos singulares, raros e máxicos.

Detalles

Fecha:
Outubro 22
Hora:
18:30 - 20:30
Precio:
Gratuito
Evento Etiquetas:
, , ,

Lugar

MAC (Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa)
Avda. de Arteixo ,171
A Coruña, A Coruña 15005 Spain
+ Google Map
Teléfono:
981 911 476