0

Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Climax (Gaspar Noé, 2018)

Outubro 19,23:30

7,70€

95’ V.O.S.E. DCP

Entrada: 7,70€
*BONOx3: 18€ (November, Climax, Mandy)

A mediados dos 90, un grupo de bailaríns se reunen nun edificio remoto para preparar unha actuación. O día que rematan a súa última coreografía celebran unha festa ao redor dunha gran fonte de sangría. Pronto, a atmosfera vólvese eléctrica e unha estraña tolemia atraparaos toda a noite. Parécelles obvio que foron drogados, pero non saben por quen ou por que.

Gaspar Noé (Irreversible, Enter the Void, LOVE) recoñece a súa fascinación polas situacións nas que de súpeto reina o caos e a anarquía, o descontrol. Nesta ocasión, en lugar de levar un guión escrito, elixiu como base contar unha historia impactante e perturbadora, baseada nunha noticia real de 1996. Partir dun esquema dunha sóla páxina permitiulle plasmar en imaxes a secuencia de acontecementos de maneira colectiva, rodando cronoloxicamente e deixando os diálogos á improvisación dos bailaríns. Exceptuando a primeira escena, que si foi coregrafiada, os bailaríns tiñan liberdade para expresarse coa súa propia linguaxe, vogue, waacking, krump… acentuando así a súa desorde interior e bailando cada vez de forma máis psicótica.

Toda a música é anterior a 1996, destacando a electrónica de Soft Cell, Giorgio Moroder, Dopplereffekt, Aphex Twin e Daft Punk, entre outros.

O resto, paranoia e alucinacións mesturadas con furia asasina e caos sanguento nun colapso psicodélico colectivo.

Detalles

Fecha:
Outubro 19
Hora:
23:30
Precio:
7,70€
Categoría del Evento:
Evento etiquetas:

Lugar

Cantones Cines
Av del Alférez Provisional, 3
A Coruña, A Coruña 15003 España
+ Google Map
Teléfono:
981 224 442
Página Web:
http://www.cantonescines.com/

Leave a comment