0

Cargando Eventos

« Programa

CONCURSO INTERNACIONAL DE CURTAMETRAXES “CINEMA FETUS”

Outubro 21,21:30 - 23:00

Gratuito

Concurso destinado a obras de baixo ou moi baixo orzamento, pero non por iso carentes de calidade, con versión orixinal en galego. Trátase dunha nova sección competitiva que busca as producións máis experimentais e arriscadas, onde o  enxeño, a capacidade de inventiva e as narrativas non convencionais sexan capaces de ofrecer unha obra que optimice os recursos dispoñibles con talento, creatividade e sentido do humor.

Outorgaranse os seguintes premios:

  • Premio do xurado: Gloria Bendita á Realización Máis Salvaxe (patrocinado por CREA)
  • Premios do Público: Morte Máis Lograda, Tremendo Mellor Berro, Caracterización Máis Enxeñosa, Mellor Escena de Sexo Intenso e Mellor Teoría Patafísica.
  • O trofeo está deseñado por Alberto Hortas (4ojos estudio)

Skeye (Jacobo Cancela, 2017) 4’26’’

Tras recibir unha dura noticia, o pasado de Isa fai que o seu presente se cambalee
Distribución: jacobovicente3@gmail.com

Punzó (Mar Von Hautkopf, 2017) 14’

Dous descoñecidos con inquietudes afins coñécense por internet e deciden quedar pra levar a cabo a súa paixón: un ritual satánico. As cousas non saen como esperaban.
Dos desconocidos con inquietudes similares se conocen por internet y deciden quedar par llevar a cabo su pasión: un ritual satánico. Las cosas no salen como esperaban.
Distribución: von.hautkopf@gmail.com

Todo por Galactus (José Araujo y Rodrigo Lamoso, 2017) 16’

Unha cea, catro comensais e unha hipótese: viaxariades no tempo para matar a Hitler cando tan só era un bebé?
Distribución: mendufest@hotmail.com

Cer0 (Hector Rodríguez, 2017) 5’

Tomás Pousada, un vixiante de seguridade, atópase nun programa de radio nocturno para relatar a súa terrorífica experiencia.
Distribución: acibeira@hotmail.com

Albores (Miguel Gómez Abad, 2017) 16’

Un rapaz reláxase nunha praia baleira. Come unha mazá. Enterraa. Algo acontece. Algo, de primeiras, imposible. Fai sol, pero síntese o frío. É inverno.
Distribución: katakrank77@hotmail.com

O Cartaz (Andrés Castro, 2017) 3’25’’

Unha rapaza descobre uns cartaces coa súa faciana pegados por toda a cidade.
Distribución: acastrofilms@gmail.com

Na nube (Jacobo Cancela, 2017) 18’

Nun futuro próximo, toda información en Internet é controlada polos Supervisores, un grupo xerárquico ao servizo do goberno. Calquera pode ser un.
Distribución: jacobovicente3@gmail.com

A noite ten dentes (Xaime Miranda, 2017) 4’

Unha curta de terror na que dous rapaces descobren que a noite ten dentes.
Distribución: xaime.miranda@gmail.com

RadioDeskontrol (Diego López Curros, 2017) 13’

Samu está a buscar un agasallo para o seu sorbrino. Chega a unha tenda de segunda man convencido de saír de alí con algo único. E conségueo…
Distribución: diegolopezcurros@hotmail.com

Detalles

Fecha:
Outubro 21
Hora:
21:30 - 23:00
Precio:
Gratuito
Evento Categoría:

Lugar

Fundación Luis Seoane
San Francisco s/n
A Coruña, A Coruña 15001 Spain
+ Google Map
Teléfono:
981 21 60 15
Pagina Web:
http://www.fundacionluisseoane.gal