0

Cargando Eventos

« Programa

  • Este evento ha pasado.

El día de la Bestia (Álex de la Iglesia, 1995) & Desde Dentro (Samuel Lema, 2017)

Outubro 20,23:00 - 01:00

2,90€

Unha das obras primordiais do cinema fantástico español contemporáneo, O día da Besta, composto por un laureado equipo, como son o director Álex de la Iglesia, o guionista Jorge Guerricaechevarría, os actores Santiago Segura, Terele Pávez, Nathalie Seseña, Armando de Razza, o director de fotografía Flavio M Labiano ou os directores artísticos Arri e Biaffra entre outros. A película obtivo 14 nomeamentos aos premios Goya en 1995, conseguindo 6 por Mellor Director, Mellor Actor Revelación, Mellor Dirección Artística, Mellor Maquillaxe e Barbaría, Mellor Son e Mellores Efectos especiais.

O seu contundente éxito abriu unha nova era en cinema de terror español, consolidándose como un produto de calidade e solvente con vías á súa explotación nacional e internacional.

A película influíu e/ou condicionou as carreiras de múltiples personalidades do mundo do cinema: desde o propio Álex de la Iglesia, quen labrou unha prestixiosa carreira como punzante estilete do xénero, ata os protagonistas (Terele Pávez, Santiago Segura, Saturnino García ou Nathalie Seseña); pasando por unha serie interminable de realizadores (Jaume Balagueró, Daniel Monzón, Paco Plaza, Alejandro Amenábar) que tras a súa estrea viron unha porta aberta onde realizar as súas fantasías plasmadas en celuloide.

Sinopse:

Ángel Berriatúa (Álex Angulo), sacerdote vasco, cre atopar a mensaxe secreta da Apocalipse segundo San Xoan Evanxelista. Esta mensaxe consiste en que o Anticristo nacerá o 25 de decembro de 1995 en Madrid, lugar onde empezou unha onda de vandalismo e delincuencia.

Convencido de que debe impedir este nacemento satánico, o cura únese a un afeccionado ao death metal, José María (Santiago Segura), para tentar por todos os medios atopar o lugar de Madrid no que terá lugar o evento. Ambos secuestran a un famoso presentador dun programa de ciencias ocultas, o profesor Cavan (Armando de Razza) seguros de que pode invocar ao Diaño. Pero non todo é tan fácil como parece, xa que lles será moi difícil contactar co maligno.


Antes da proxección da película poderemos ver

Desde Dentro (Samuel Lema, 2017) 15’

Asasinatos cometidos por un psicópata de identidade descoñecida na cidade de Pontevedra.

Distribución: Samuel Lema, samuellemaferreira@gmail.com

Estrea Mundial

Presentada polo director

Detalles

Fecha:
Outubro 20
Hora:
23:00 - 01:00
Precio:
2,90€
Evento Categorías:
,

Lugar

Cantones Cines
Av del Alférez Provisional, 3
A Coruña, A Coruña 15003 España
+ Google Map
Teléfono:
981 224 442
Pagina Web:
http://www.cantonescines.com/