0

Cargando Eventos

« Programa

  • Este evento ha pasado.

Housewife (Can Evrenol, 2017)

Outubro 17,21:00 - 22:30

Duración: 82’  (+18)

Entrada libre e de balde até completar aforamento.

A nai de Holly matou ao seu pai e á súa irmá cando ela tiña soamente sete anos. Anos despois, Holly é unha muller casada aínda que solitaria, e a súa vida pegará un xiro moi estraño cando achégase a unha reunión da seita “Umbrella of Love and Mind”.

Na nosa pasada edición, BASKIN, o debut cinematográfico de Can Evrenol, resultou gañadora do Percebe de Bronce á Mellor Ópera Prima. Este ano, Can volve á carga coa súa primeira película de fala inglesa inspirada na obra de Lucio Fulci e Dario Argento. Housewife tivo a súa Premiere Mundial na pasada edición do prestixioso L’ Étrange Festival de Paris e compite en Sección Oficial da presente edición do Festival Internacional de Cinema Fantástico de Cataluña (Sitges).

Distribuidora: AMP international info@amp-film.com

Can Evrenol (Istambul, 1982). Licenciado en History of art & film studies pola Universidade de Kent en Canterbury, Acadóu o premio ao Mellor Realizador Debutante no Fantastic Fest de Austin coa súa Ópera Prima, Baskin. Así mesmo, tamén acadou o Premio Fantrobia no Festival de Cinema Fantástico Fant de Bilbao (2016).

Detalles

Fecha:
Outubro 17
Hora:
21:00 - 22:30
Evento Categorías:
,

Lugar

CGAI
Durán Loriga, 10
A Coruña, A Coruña 15003 España
+ Google Map
Teléfono:
881 881 260
Pagina Web:
http://www.cgai.org/