0

Cargando Eventos

« Programa

  • Este evento ha pasado.

Icaros: A Vision (Leonor Carballo y Matteo Norzi, 2016) & Amanece Despejado (María Vázquez y Bruno Máez, 2017)

Outubro 18,20:30 - 22:00

Gratuito

Duración: 91’
Entrada libre e de balde até completar aforamento.

Buscando unha milagre, Angelina aterra nun centro terapéutico da Amazonía peruana onde chamanes atenden a un grupo de psiconautas estranxeiros na procura de transcendencia, compañía e os segredos da vida e a morte.

Trátase dunha viaxe visual e sonora pola selva peruana auspiciada pola planta sacra ayahuasca. Centrada nas cerimonias nocturnas que son a característica principal dos retiros chamánicos, Icaros brilla na escuridade, reproducindo unha viaxe chamánica.  A película é unha historia sobre a liberación dos medos e tamén un tapiz fílmico sobre o encontro de culturas, un Oeste en procura da súa alma perdida no pobo indíxena. Finalmente, a historia ten lugar en Iquitos, a mesma cidade onde o Fitzcarraldo de Herzog foi fusilado hai máis de 30 anos, e o hotel Casa Fitzcarraldo alberga unha das escenas da película.

Distribuidora: The Film collaborative http://www.thefilmcollaborative.org/

Leonor Carballo traballou como fotógrafa e videoartista entre Buenos Aires e Nova York. Gañou importantes bolsas, incluíndo o Guggenheim Latinoamericano
Os seus vídeos experimentais foron exhibidos internacionalmente en lugares como a Tate Modern, PS1 / MOMA, Artists Space e Herba Boa. ICAROS: A VISION é a súa primeira longametraxe.
Leonor morreu dun cancro de mama o sábado 24 de xaneiro de 2015 antes de poder completar a película.

Matteo Norzi (Italia, 1976) é un artista visual, de Uruguai e Italia, que vive en Nova York. A súa obra artística é exploratoria e levouno a través de varias viaxes extensas ao longo de seis continentes. ICAROS: A VISION marca o seu debut como guionista e director de cinema. Trae consigo anos de experiencia e extensa investigación sobre a historia, cultura e coñecemento do pobo Shipibo-Conibo.


Antes da película poderemos ver a cortametraxe a concurso:

Amanece Despejado (María Vázquez y Bruno Máez, 2017) 14’

Hoxe é un día importante para María: vai dar unha conferencia sobre o famoso escritor de ciencia ficción Philip K. Dick. Unha mañá normal salvo polos nervios previos. Pero pronto descubrirá que nada é o que parece.

Distribución: brumape@gmail.com
Estrea Mundial

Presentada polos directores

Detalles

Fecha:
Outubro 18
Hora:
20:30 - 22:00
Precio:
Gratuito
Evento Categorías:
,

Lugar

CGAI
Durán Loriga, 10
A Coruña, A Coruña 15003 España
+ Google Map
Teléfono:
881 881 260
Pagina Web:
http://www.cgai.org/