0

Cargando Eventos

« Programa

  • Este evento ha pasado.

Inauguración da exposición “Inquietante inocencia” de Perrilla

Outubro 7,13:00 - 14:30

Perrilla (A Coruña, 1981) de formación autodidacta actualmente traballa na súa colección “Deusas”. Trátase dunha ampla serie de pinturas nas que a través desas “Mulleres Poderosas” mostra o universo gráfico doce e inquietante, gótico e naif, repleto de simbolismos que a caracteriza. Un paseo que a leva desde a arte figurativa ata converterse, aos poucos, en puro surrealismo pop. Pero non nos deixemos enganar pola dozura e candidez dos tons pastel da súa paleta, pois tras eles tamén se agocha o lado sinistro da vida.

Entre os seus traballos destacan os libros “En un Lugar de Malvadia” (con versos de Jack MIrcala – Ed.Hiperión 2016), “Os Cabezombis na Mansión Espello” (Galaxia 2016) e “El Gato Lunar” (cómic de autoedición, 2016). A principios de 2017 firma a ilustración para o cartel do “Día da Ilustración” e o seu traballo puido verse en múltiples mostras.

Clausura o 29 de outubro.

Detalles

Fecha:
Outubro 7
Hora:
13:00 - 14:30
Evento Categoría:

Lugar

Fundación Luis Seoane
San Francisco s/n
A Coruña, A Coruña 15001 Spain
+ Google Map
Teléfono:
981 21 60 15
Pagina Web:
http://www.fundacionluisseoane.gal