0

Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Liquid Sky (Slava Tsukerman, 1982)

Outubro 14,22:30 - 23:30

7€

Liquid Sky (Slava Tsukerman, 1982) 112’ V.O. DCP

Entrada: 7€
*BONOx4: 23€ (Liquid Sky, November, Cimax, Mandy)

Versión restaurada en 2018 a partir do negativo orixinal en 35mm.

Slava Tsukerman, tras unha exitosa carreira en Rusia e Israel como documentalista e director de TV, xunto á súa muller e productora Nina V. Kerova, instálanse en NY en 1976. Alí coñecen a Anne Carlisle, estudante de Artes Visuales e unha especie de musa do underground new age neoyorkino, con quen escribirán o delirante guión de Ceo Líquido (en slang, heroína).

Margaret (Anne Carlisle, que tamén interpreta a Jimmy, o seu némesis) é unha modelo andróxina bisexual depresiva á que lle gusta a cocaína tanto ou máis que o sexo. Mantén unha tortuosa relación con Adrian, unha artista tecno-performer intelectualoide que trafica con heroína. Ata aquí todo normal. O caso é que uns alieníxenas aparcan o seu platillo voante na azotea do apartamento da parella, atraídos polo inxente consumo de heroína na zona. Ao parecer estes absorben a enerxía liberada polas endorfinas ao inxectarse, aínda que pronto descobren que o orgasmo é unha fonte de enerxía superior á droga e que si xuntamos ambas cousas é a bomba. O problema, para os humanos, é que cando sintetizan esta enerxía provocan a morte inmediata. A promiscua Margaret dáse conta de que sempre que fode, a súa parella morre, o que acentúa aínda máis a súa xa de seu desiquilibrada mente, que pasa dun inicial sentimento de culpabilidade a un estado de misticismo tolo e finalmente, consciente do seu poder (matar fodendo), a unha enaxenada ansia de vinganza e asasinato de todas aquelas persoas que lle caen mal ou lle fixeron algunha putada.
Todo isto sucede entre desfiles de moda extravagante en clubs de vangarda e festas psicodélicas tecno-fluorescentes, que serven de contexto para retratar os entresixos que o cruel mundo da moda, coas súas pelexas, envexas e superficialidade, oculta baixo o seu envoltorio cool.

A deslumbrante fotografía (e efectos especiais) de Yury Neyman acentúa magníficamente a sensación de estar vendo unha pintoresca galería de fauna exótica, debuxada en intensas cores chillonas e vibrantes tons fluorescentes, que hipnotizan as palpitantes retinas do espectador. O deseño de produción e vestuario de Marina Levikova, xunto ao maquillaxe de Lenna Rashkovsky-Kaleva, destacan así como un dos elementos máis rechamantes do filme.
E por si ésto fose pouco, a electro-tola banda sonora, composta por Slava Tsukerman e Anne Carlisle xunto a Clive Smith e Brenda Hutchinson cun sintetizador Fairlight CMI, converten definitivamente a película en toda unha experiencia delirante, estrambótica e surrealista.

Detalles

Fecha:
Outubro 14
Hora:
22:30 - 23:30
Precio:
7€
Categoría del Evento:

Lugar

Cantones Cines
Av del Alférez Provisional, 3
A Coruña, A Coruña 15003 España
+ Google Map
Teléfono:
981 224 442
Página Web:
http://www.cantonescines.com/

Leave a comment