0

Cargando Eventos

« Programa

  • Este evento ha pasado.

Masterclass: Luciano Tovoli

Outubro 15,17:00 - 20:00

Gratuito

Entrada libre e de balde ata completar aforamento

Luciano Tovoli é un director de fotografía italiano considerado internacionalmente como un dos máis brillantes artistas visuais no mundo do cinema. Aínda que a maior parte da súa obra é italiana, traballou tamén en París e Hollywood. Estudou dirección de fotografía no reputado Centro Sperimentale dei Cinematografia, onde coñece a Néstor Almendros. Entre a súa extensa filmografía podemos destacar Professione: reporter (1975),de Michelangelo Antonioni, con Jack Nicholson, un filme mítico pola súa lendaria secuencia final; Suspiria (1977), de Dario Argento, apreciada e estudada polo seu revolucionario uso das cores; Pane e cioccolata (1974), de Franco Brusati, unha amarga comedia social; ou Titus (1999), de Julie Taymor, coa extraordinaria interpretación de Anthony Hopkins, rodeado dun impactante estilo cinematográfico expresionista.
En Hollywood mantén unha frutífera relación con Barbet Schroeder, con quen asina Reversal of Fortune (1990) ou a recente Amnesia (2015); así como con Francis Veber en sete filmes, entre os que se contan Lle dîner de cons (1998), un dos máis grandes éxitos comerciais na historia do cinema francés; e mantén unha privilexiada amizade co mestre Ettore Scola, con quen volveu a colaborar recentemente no seu sétimo traballo xuntos: Che strano chiamarsi Federico (2013), película baseada na vida do lendario Federico Fellini. No campo da dirección de longametraxes, Tovoli asinou un único experimento (ademais de ducias de anuncios nos que traballou tanto na dirección de fotografía como na realización): Il generale dell’armata morta, con Marcello Mastroianni, Anouk Aimée, Michel Piccoli e Sergio Castellito, presentada no Festival de Cinema de San Sebastián en 1984, e que cultivou un gran éxito de crítica.

Na masterclass, dividida en dúas partes, o mestre italiano falaranos da súa carreira, incluíndo imaxes inéditas de Banditi a Orgosolo, Chung Kuo, Pane e cioccolata, Professione: reporter, Il deserto dei Tartari, Le diner de cons, Titus e Murder by numbers. Para rematar fará unha análise detallada de Suspiria.

Detalles

Fecha:
Outubro 15
Hora:
17:00 - 20:00
Precio:
Gratuito
Evento Categorías:
,
Evento Etiquetas:

Lugar

Fundación Luis Seoane
San Francisco s/n
A Coruña, A Coruña 15001 Spain
+ Google Map
Teléfono:
981 21 60 15
Pagina Web:
http://www.fundacionluisseoane.gal