0

Cargando Eventos

« Programa

  • Este evento ha pasado.

MESA CADRADA: A ARQUITECTURA DO INFERNO

Outubro 18,12:00 - 14:00

Gratuito

Entrada libre e de balde ata completar aforamento

Cando os artistas e visionarios relixiosos imaxinaron o Inferno case sempre o describiron e representaron coma unha cova nas profundidades da terra, dominada polo lume e a lava, polo informe e grotesco. Pero houbo proxectos arquitectónicos que tentaron darlle outra forma, como no Danteum de G. Terragni, un memorial arquitectónico homenaxe á Divina Comedia no que se representaba o Inferno, que analizaremos en profundidade. Por outra banda, no cinema de terror a arquitectura xogou un papel importante para crear espazos e sensacións relacionadas con Inferno, co Diaño ou co medo en xeral. Na nosa memoria quedan o edificio Dakota, de Rosemary’s Baby, o Timberline Lodge de The Shining ou as Torres KIO de El Día de la Bestia. Falaremos da arquitectura como personaxe cinematográfico capaz de representar o Inferno, o Mal, a través da película Black Hollw Cage, na arquitectura de RCR Arquitectes.

Relatores: Fernando Agrasar (UDC) e Sadrac González Perellón (Cineasta)

Modera: Tonecho Otero (Codirector FKM)

Detalles

Fecha:
Outubro 18
Hora:
12:00 - 14:00
Precio:
Gratuito
Evento Categoría:

Lugar

Fundación Luis Seoane
San Francisco s/n
A Coruña, A Coruña 15001 Spain
+ Google Map
Teléfono:
981 21 60 15
Pagina Web:
http://www.fundacionluisseoane.gal