0

Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Mesa cadrada: Sexo, cinema e arquitectura

Outubro 18,12:00

Gratuito

Participan: Xosé Nogueira (USC), Fernando Agrasar (UDC)
Modera: Tonecho Otero

O erotismo e a violencia, levadas ao límite, isto é, o sexo e a morte, estiveron presentes desde o comezo nas artes. Trátase das experiencias que ofrecen o meirande potencial estético e poético. Esa exploración dos límites da representación artística, coas súas sucesivas declinacións nas operacións de transgresión e provocación, coñecerá contínuas e distintas manifestacións ao longo do tempo marcadas polo contraste entre a moral pública e o gusto privado, e vai atopar un punto de inflexión coa chegada dos medios técnicos de reprodución artística, a fotografía e o cinema. Propoñemos un percorrido que arrinca nas imaxes sicalípticas presentes desde as mesmas orixes do cinema ata chegar á progresiva normalización do sexo real no actual cinema ficcional e comercial, un proceso que a día de hoxe deixou reducido o debate dos límites entre erotismo e pornografía a unha cuestión simplemente lingüística.

Do mesmo xeito a arquitectura deseñou “espazos para o pracer”, referido ao deseño específico de espazos para ter relacións sexuais.

Detalles

Fecha:
Outubro 18
Hora:
12:00
Precio:
Gratuito
Categoría del Evento:
Evento etiquetas:
,

Lugar

Fundación Luis Seoane
San Francisco s/n
A Coruña, A Coruña 15001 Spain
+ Google Map
Teléfono:
981 21 60 15
Página Web:
http://www.fundacionluisseoane.gal

Leave a comment