0

Cargando Eventos

« Programa

  • Este evento ha pasado.

O xardín das palabras (Makoto Shinkai, 2013)

18 Outubro 2017,11:30 - 13:30

Gratuito

55′ Todos os públicos

Un raparigo que fai zapatos… Unha muller que quere volver andar… Encontros non planeados en días de choiva… Unha historia sobre a soidade e a dor que existen antes do amor. Unha mañá chuviosa, Takao, un estudante de secundaria que practica para ser zapateiro falta a clase para ir deseñar zapatos a un xardín de estilo xaponés. Alí coñece a Yukino, unha misteriosa muller que bebe cervexa e come chocolate soa no parque. Sen planificalo, os dous comezan a verse os días de choiva e a súa relación vaise estreitando aos poucos. Takao desexa que Yukino volva atoparse a si mesma e para iso decide fabricarlle uns zapatos cos que teña ganas de camiñar de novo. Pero o final da tempada de choivas aproxímase inexorablemente.

O realizador sérvese dunha gran riqueza tonal para mostrarnos os sentimentos dos personaxes, destacando o uso de atmosferas húmidas, co protagonismo da choiva. A película posúe unha gran carga poética e metafórica na que todos os detalles posúen un significado simbólico.

A película compleméntase cun debate conducido polo crítico e guionista Javier Trigales.

https://youtu.be/zPQdgzpM68Q

Detalles

Fecha:
18 Outubro 2017
Hora:
11:30 - 13:30
Precio:
Gratuito
Evento Categoría:

Lugar

MAC (Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa)
Avda. de Arteixo ,171
A Coruña, A Coruña 15005 Spain
+ Google Map
Teléfono:
981 911 476