0

Cargando Eventos

« Programa

  • Este evento ha pasado.

ONE PIECE. El barón Omatsuri y la isla de los secretos (Mamoru Hosoda, 2005)

Outubro 15,11:30 - 14:00

Gratuito

ONE PIECE. El barón Omatsuri y la isla de los secretos (Mamoru Hosoda, 2005) 92′ Non recomendada menores de 7 anos

Autor: Eiichirō Oda

Os piratas de Luffy, coñecidos como A Banda do Chapeu de Palla, deben demostrar que confían os uns nos outros para superar o desafío do Barón Omatsuri e descubrir os segredos da súa illa.

Os piratas de Luffy atopan unha invitación para a Illa Omatsuri, un dos mellores complexos turísticos de Grand Line. Tras ler que alí lles esperan buffets libres, spas e as mulleres máis belas do mundo non llo pensan dúas veces e pon rumbo cara á illa. Alí atopan un lugar de ilusión no que son recibidos por un animado desfile de xente á que lle crecen follas na cabeza. E no centro de todo, cunha flor saíndolle do ombreiro, o amo e señor da illa, o Barón Omatsuri. Este lánzalles un desafío para que se confían os uns nos outros se sometan á Proba Infernal e Luffy non dubida en aceptalo. Serán capaces Luffy e os seus amigos de superar os desafíos que porán a proba a súa camaradería e descubrir os segredos da Illa Omatsuri?

Trátase da primeira longametraxe oficial do xenial director Mamoru Hosoda, do que puidemos ver no Festival FKM obras como A moza que saltaba a través do tempo (2006), Summer Wars (2009) ou a xenial Wolf Children (2012). No seu debut realiza a 6ª película da coñecida saga, que grazas á forte personalidade do director distínguese de todas as demais da serie. Temos aquí cinema de aventuras, emocionante e moi divertida, pero cunha profundidade na mensaxe que a fai destacar sobre as demais. Parte dos seus grandes temas están xa aquí presentes, a tenrura, a soidade, o compañeirismo e un dramatismo que por momentos agarrotará os nosos corazóns.

A película compleméntase cun obradoiro didáctico organizado por Ludidáctica.

Detalles

Fecha:
Outubro 15
Hora:
11:30 - 14:00
Precio:
Gratuito
Evento Categoría:

Lugar

MAC (Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa)
Avda. de Arteixo ,171
A Coruña, A Coruña 15005 Spain
+ Google Map
Teléfono:
981 911 476