0

Cargando Eventos

« Programa

  • Este evento ha pasado.

SEN LÍMITES

Outubro 18,18:00 - 18:15

Gratuito

Entrada libre e de balde ata completar aforamento

Colaboración Curtocircuito, Festival Internacional de Cine de Santiago de Compostela

Tras catorce anos de andaina, Curtocircuíto é un dos festivais galegos con maior proxección nacional e internacional. Un festival comprometido co seu tempo, que apoia aos creadores e creadoras e que aposta pola pluralidade de xéneros, a innovación e a experimentación. Tendo sempre a contemporaneidade e o risco como referentes.
Nesta colaboración proxectaranse 3 traballos do director galego afincado en Londres, Borja Santomé

Historia  Cerebro (Borja Santomé, 2015) 5’

É a primeira peza de esta triloxía. A miña intención foi plasmar o caos de a multitude a través de dous personaxes  difusos que saen da  cidade para fotografar unha estraña festa popular. A relación entre a festa e a violencia é algo que nos une ca animalidade dun xeito fascinante e realmente creo que hai algo atemporal e marabilloso en contar relatos sobre este tipo de sensacións.

Roda Cabeza (Borja Santomé, 2016) 5’

na mesma liña ca peza anterior, Roda Cabeza é unha historia de mocidade desatada, de rúas de copas e descontrol. Interésame amosar a noite como escenario principal da mocidade, a música e o desenfreo, o escuro e o ambiguo intúese no camiñar dun escuro personaxe polos canellóns nun escenario de confusión e borracheira, e esa tensión culmina nunha pelexa de bar que acaba por incendialo todo.

Lago Sabroso (Borja Santomé, 2016) 3’

Este relato poderíase considerar unha continuación máis directa de Rueda Cabeza. O personaxe feminino cobra un maior protagonismo á vez co espírito da cidade e a súa atmosfera tamén se acentúa. A viaxe e o cambio están aquí de novo, o paso da costa á gran cidade, o contraste entre o doce e o macabro creando ese diálogo que tanto me interesa desenvolver no meu traballo.

Borja Santomé (Vigo, 1992) formouse na facultade de Bellas Artes de Pontevedra (España) e fixo o seu proxecto na Universidade de Kingston no Reino Unido. A súa primeira curtametraxe gaña o segundo premio Novos Valores das artes plásticas 2015, é a partir de este momento é cando o seu traballo se centra na animación, estando presente en exposicións e festivais de cinema en España, Reino Unido e Latinoamérica. Fincado en Londres traballa en proxectos de Stop Motion así como en pintura e instalación.

Detalles

Fecha:
Outubro 18
Hora:
18:00 - 18:15
Precio:
Gratuito
Evento Categoría:

Lugar

CGAI
Durán Loriga, 10
A Coruña, A Coruña 15003 España
+ Google Map
Teléfono:
881 881 260
Pagina Web:
http://www.cgai.org/