0

Cargando Eventos

« Programa

  • Este evento ha pasado.

Sesión de Pictomancia

Outubro 20,22:00 - 23:00

Gratuito

A asociación do ollo e a man, como nalgúns seres míticos orientais, simboliza acción clarividente. Schneider concede á man un papel extraordinario: por ser a manifestación corporal do estado interior do ser humano” Dicionario de símbolos, Juan Eduardo Cirlot

Performance experimental na que Pablo Gallo debuxa a cegas sobre as mans das persoas que sentan ante él mentres se proxecta o resultado.

Unha vez máis, privado do sentido da vista e inspirado polos sons que o envolven, o conxuro do seu pincel plásmase aquí na palma da man dos espectadores. Ao contrario do quiromante (que le as liñas da man) o pictomante crea novas liñas sobre ela, un debuxo que constitúe a concreción da súa visión sobrenatural. A adiviñación corresponde pois ao propio espectador, que ha de interpretar o debuxo do artista iluminado e conferir sentido á súa visión.

Trátase dunha intervención pictográfica de carácter efémero sobre o espectador, que recibirá do artista chamán unha obra única, personalizada e irrepetible.

PRESENTACIÓN DA HORDA

Simultaneamente, a Voz de Aiwass encarnada en Servando Rocha (La Felguera) presentará “La Horda, una revolución mágica”, unha monumental novela trampa onde a ficción se mestura co ensaio e viceversa, ata converterse nun obxecto daniño; o legado maldito dunha verdadeira Comunidade Secreta, na que todo parece precipitarse cara á insurrección total.

ATENCIÓN!! Todos os asistentes recibirán un salvoconduto e instrucións personalizadas para acudir a un segundo acto, clandestino, nun lugar singular e segredo da cidade, no que contemplaremos o seu Gabinete de Curiosidades Invisible, unha colección de obxectos singulares, raros e máxicos.

Detalles

Fecha:
Outubro 20
Hora:
22:00 - 23:00
Precio:
Gratuito
Evento Categoría:

Lugar

Galería Monty4
Rúa Montroig, 4,
A Coruña, A Coruña 15001 España
+ Google Map
Teléfono:
881 96 85 19
Pagina Web:
http://monty4.com