0

Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Video-Regueifa! FKM2018: SEXY INFERNO

Outubro 15,21:00

Gratuito

SEXY INFERNO

O sexo foi e é omnipresente na cultura do espectáculo audiovisual; pelis de strippers, nude cuties, roughie movies, cine erótico “S”, cine porno… Desde aquelas vellas películas picantes camufladas de educación sexual, o cine de sexploitation ten exprimido o tema a fondo ata mostrar as fantasías e prácticas sexuais máis disparatadas.

Pero o sexo de cine ten outras dimensións máis aló do peep-show para masas. Tamén ten lugar na intimidade das recatadas vidas dos mortais. Nas alcobas -lonxe do tedio cotián e das miradas alleas- a fantasía pode desbocarse ao tolo. Polo cine coñecemos todo tipo de rituais, roles, deportes, fetiches e complementos que cruzan a delgada liña entre o amor e a porcallada.

Así que o que propoñemos será un desacougante e absurdo compendio de sexo e fantasía; sexo virtuoso e sexo vicioso, sexo divino e sexo supino, sexo lambón e sexo fodón, sexo lixeiro e sexo choqueiro, sexo frugal e sexo mortal, sexo e censura, sexo sen cura.

Coma sempre, remexeremos non só no cinema senón tamén en programas e series da TV, spots publicitarios, videoclips, documentais, videoperformances, parodias porno, debuxos animados, vídeos amateur, videoblogs, memes…en definitiva: todas as estancias do averno audiovisual }:-)-

Os contrincantes…

Edu Fernández

Artista e performer, nace en Bilbao en 1987. É Máster de Arte Contemporánea, fai Belas Artes e logo fuxe a Alemania, Bélxica e Brasil. Prófugo das convencións, o seu traballo artístico céntrase na identidade e a performance. Sintese moi cómodo utilizando diferentes medios e buscando novos formatos e linguaxes híbridas. A súa obra foi exhibida en museos e galerías internacionais, televisións e outros espectáculos www.edufernandez.net

Leandro Barea

Nace en Lugo en 1974, chegando a medir na actualidade 1,84. Ao rematar os seus estudos de deseño gráfico e ilustración convértese noutro artista totalmente innecesario. Colaborou en La Voz de Galicia, El Jueves, Mongolia, Retranca, Luzes, TMEO e TintaLibre entre outros. Acaba de publicar «MAS FUTVOL POR FABOR», un libro que recompila o seu traballo gráfico menos bochornoso. instagram.com/barealeandro

 

 

Detalles

Fecha:
Outubro 15
Hora:
21:00
Precio:
Gratuito
Categoría del Evento:
Evento etiquetas:
,

Lugar

Fundación Luis Seoane
San Francisco s/n
A Coruña, A Coruña 15001 Spain
+ Google Map
Teléfono:
981 21 60 15
Página Web:
http://www.fundacionluisseoane.gal

Leave a comment