0

Cargando Eventos

« Programa

  • Este evento ha pasado.

Vídeo-Regueifa!

Outubro 16,21:00 - 23:00

Gratuito

A Vídeo-Regueifa! é un evento híbrido entre o show e a charla; irreverente en forma e lúcido en contido, onde creadores e comunicadores dialogan sobre o Cinema Fantástico, de Terror, de Ciencia Ficción e a Cultura Popular.

A VR! é un duelo de videoplaylists: 2 invitados preparan unha selección de vídeos de internet ao redor dun tema proposto. Os relatores proxectan os seus vídeos de forma alternada, como nun combate por asaltos.

Ok, e cal é o tema?

DIAÑOS E SATANASAS

O cine fantástico e de terror ten retratado ao Diaño (a personificación do Mal) en todo tipo de reencarnacións: Monstros do Averno, demos demenciáis, machos cabríos bípedos, satanasas toláis, íncubos, súcubos, cambións, humúnculos, lucífugos iluminados no mal, monecos diabólicos, paiasos chungos…O diabólico nas súas múltiples dimensións e manifestacións: posesións, infernos, poltergeists, invocacións, maldicións, akelarres, conxuros…

Pero nesta Video-Regueifa satánica tamén hai sitio para personaxes infernais mais aló da fantasía: Meigos e bruxas, dementes, lunáticos, mandatarios xenios do mal, estrelas pop escuras, rockeiros satánicos, tertulianos posuídos, sectas bizarras etc etc.

Coma sempre, convidámosvos a remexer non só no cinema de terror e fantástico, senón tamén na TV, nos spots publicitarios, documentáis, videoclips, porno, memorabilia, debuxos animados, memes…en definitiva: todas as estancias do averno audiovisual }:-)-

Os contrincantes… Nico Campos & Enrique Lojo vs. Alberto Guitián & Tonecho Otero

Nico Campos & Enrique Lojo

Campos e Lojo son unha parella que se coñeceron na gravación de El Viudo Quiere Mimos e deseguido
empatizaron falando de produtos capilares e perruquerías.

Enrique é a lírica e Nico é a métrica. Lojo fai a música e Campos a letra. Enrique Lojo pasa o pronto e Nico
Campos pasa o paño. No grande libro das parellas humorísticas da Galiza (Mofa e Befa, Os Tonechos, Feijóo e Marcial Dorado…), Campos e Lojo non escribiron aínda nin sequera unha nota ao pé de páxina, pero porque aínda non se puxeron a elo.

Alberto Guitián & Tonecho Otero

Alberto Guitián é ilustrador. Pasou a carreira de belas artes vendo pelis en VHS. Deseña carteis (con maior ou menor tino), colabora en prensa satírica e ten traballado en longas de animación (Chico & Rita, Psiconautas). É autor dos álbumes Fíto & Pita, Petaco e El Circo Lorza. Alberga na cabeza varios terabytes de datos inútiles, cos que planea sacarse unha opo de tertuliano.

Tonecho Otero, exposto ao cinema psicotrónico desde a súa tenra adolescencia, cando os videoclubs de
barrio estaban alagados por comedias absurdas, cinema postnuclear e porno aberrante, nunca puido superar a súa adicción á cultura lixo. Amante da ciencia ficción máis casposa, do cinema de acción turco,
das películas da Troma, dos delirios nipóns… a súa vida cambiou ao ver Videodrome. Cinéfago empedernido, entre as súas películas favoritas poderiamos citar América 3000, Nekromantic, Liquid Sky,
Tetsúo ou Sweet Movie.

Detalles

Fecha:
Outubro 16
Hora:
21:00 - 23:00
Precio:
Gratuito
Evento Categoría:

Lugar

Fundación Luis Seoane
San Francisco s/n
A Coruña, A Coruña 15001 Spain
+ Google Map
Teléfono:
981 21 60 15
Pagina Web:
http://www.fundacionluisseoane.gal