0

Cargando Eventos

« Programa

  • Este evento ha pasado.

ZOMBIEWALK 2017

Outubro 14,21:30 - 22:00

Gratuito

Este ano o FKM abre coa marcha zombi a súa IX edición. Nesta ocasión a marcha adícase ao cineasta de orixe galega Georges A. Romero, o famoso creador de “La Noche de los Muertos Vivientes” en 1968, película que definiu o cine de zombis durante máis de 40 anos.

MAQUILLAXES PREVIA CITA E DE EXHIBICIÓN

Durante toda a tarde o noso equipo de Maquillaxe FX caracterizará por 5€ a todas as persoas que fixesen o seu reserva escribindo a sfx@fkmcine.org. Este ano a temática é, máis que nunca, ZOMBIES.

Tamén poderemos gozar da maquillaxe de exhibición que realizará Gustavo Melella (Sitges), que imparte este ano unha Masterclass FX (no MAC). Sorprenderavos!

Congregamos a todos os zombis no Obelisco ás 21:30h, o sábado 14 OUT, para alagar as rúas da cidade.

A 7ª ZombieWalk percorrerá as rúas da cidade unha vez máis zombificándoo todo ao seu paso, até chegar á praza do Campo da Leña, desde onde nos dirixiremos ao pub Black Widow (c/ Panadeiras 13), para a entrega de premios do…

CONCURSO ZOMBIEWALK

Para premiar ás mellores caracterizacións que formen parte da marcha. O premio consistirá nun kit de maquillaxe e materiais FX, cortesía de FORMX e unha botella de licor, cortesía do Black Widow.

A entrega de premios terá lugar no pub Black Widow (c/ Panadeiras 13), onde desemboca a ZombieWalk.

ZOMBIE ANIMAL PARTY

A partir das 22:00h no pub Black Widow (c/ Panadeiras 13) comeza a Zombie Animal Party, con chupito macabro gratis para zombis e Jäggermeister show. Pondo musiqueo estará o dj Jordi Pánico. Non cha perdas ou arrepentiraste.

Anótate xa para a maquillaxe

Detalles

Fecha:
Outubro 14
Hora:
21:30 - 22:00
Precio:
Gratuito
Evento Categoría:

Lugar

Obelisco
Rúa Cantón Grande, 1
A Coruña, A Coruña 15003 España
+ Google Map