Homenaxe ao padriño do Gore: Herschell Gordon Lewis

Sábado 29 de Outubro ás 21:00h Centro Ágora

con Jimmy Maslon e Yoni Mediogramo

Sesión Doble: Blood Feast (1963) + Two Thousand Maniacs! (1964)

Entrada: 6 € (7€ en taquilla) [BONO 10€ inclúe Bad Taste (Peter Jackson, 1987) + Green Room (Jeremy Saulnier, 2015)]  [themify_button style=”fa-shopping-cart small flat” link=”https://www.ticketea.com/entradas-festival-bad-taste-en-cantones-cines-coruna/” color=”#CDDE87″ text=”#000″ target=”_blank” ]COMPRAR[/themify_button]


hgl_homenaxe-fkm2016

En colaboración coa Semana de Cine Fantástico y de Terror de San Sebastián, FKM renderá homenaxe ao Padriño do Gore, Herschell Gordon Lewis, cunha maratón sanguenta na que nos deleitaremos con dous dos seus mellores traballos; Blood Feast (H.G. Lewis, 1963) e Two Thousand Maniacs! (H. G. Lewis, 1964). No evento o incorrixible Yoni Mediogramo  presentaranos ao produtor e amigo íntimo de Herschell, Jimmy Maslon.

O evento inclúe un cátering (ás 21:00h), degustacións de Jägermeister e festa final con barra e musiqueo a cargo de AlexBigVoxxMan. Ao rematar a festa poranse a disposición do público 2 autobuses con paradas en Riazor, Pza Pontevedra e Campo dá Leña.

Herschell Gordon Lewis (15 de Xuño 1929- 26 de setembro 2016), Pai do cinema Gore, Primeiro Rei do Exploit e pioneiro do cinema de terror máis visceral, é historia do cinema de xénero independente. Un mestre que converteu na súa filosofía, o facer as películas que as grandes produtoras nunca farían, e no seu leitmotiv, o traspasar todas as leis, escritas ou non, do politicamente correcto. A día de hoxe, segue sendo o responsable de todas as películas sanguentas feitas durante os últimos cincuenta anos. Xa que sen Herschell Gordon Lewis non existirían George A. Romero, Sam Raimi, John Waters, Peter Jackson, Lucio Fulci ou William Lustig, entre outros.

Nos anos sesenta HGL era un profesor de literatura inglesa que quería entrar no mundo da publicidade e para facelo pola porta grande mercou unha sofisticada cámara de 35mm. Ao non conseguilo, decidiu rendibilizar o recentemente adquirido equipo rodando as películas que Hollywood xamais faría. En 1960 alíase con David F. Friendman e, tras o seu paso polo cinema nudie, en 1963, cociñan xuntos Blood Feast, a película co inscribiría na historia da sétima arte grazas a un potente gancho visual; a mutilación explícita do corpo humano, acompañada de grandes doses de sangue. Con esta película rompía o último tabú de cinema e Herschell Gordon Lewis convertíase con ela no Pai do Gore.

Blood Feast foi un fito do cinema, sendo unha das películas máis rendibles da época e abrindo o camiño a todas as que chegaron detrás. Tal foi o éxito, que as grandes produtoras de Hollywood tomaron exemplo e así naceron películas como; Bonnie and Clyde (Arthur Penn, 1967) ou The Wild Bunch (Sam Peckimpah, 1969). Blood Feast foi masacrada pola crítica e provocou que a censura fixese unha regulación específica para a cantidade de sangue e violencia que se podía ver nunha película. Todas estas novas leis contribuíron a aumentala publicidade da mesma e a convertela na película de culto que é a día de hoxe. Dúas semanas despois de Blood Feast roda en branco e negro Scum of the Earth (1963), ao estilo roughie movie. Despois chegaron, Two Thousand Maniacs! (1964) e Color Me Blood Red (1965), seguindo a mesma fórmula de sangue a toda cor. En She Devils on Wheels (1968) ocórreselle mesturar as rendibles películas de motoristas violentos co gore, e ademais fai que as pelexas sexan entre bandas de mulleres motoristas. Éxito asegurado. Con The Wizard of Gore (1970) explora o mundo do grand guignol até o torture porn. Tras The Gore Gore Girls (1972), e o seu socarrón protagonista, abandonará o cinema para dedicarse, por fin, á publicidade. Voltará a rodar, fará cameos e finalmente converterase en lenda.

A gran cantidade de sangue derramado a toda cor sobre a pantalla nestas películas causou gran sensación en cineastas en todo o mundo, que comezaron a saturar as súas novas producións con efectos visuais impactantes de maneira similar.

Longa vida ao gore!

jagermeister-solo-texto_transparente

Leave a comment

*