I  Foro de Coprodución Internacional FKM-WORKS

I Foro de Coprodución Internacional FKM-WORKS

O Festival FKM organiza por primeira vez un Foro de Coprodución Internacional, composto por unhas xornadas formativas especializadas en cine de xénero sobre produción e distribución e un completo espazo de reunións one-to-one con expertos internacionais.

Participantes

Fabrice Lambot

Produtor e director francés que traballa no grupo Kabo Family. Produciu en 2018 a serie Mike e a pelicula Peplum. Está actualmente desenvolvendo unha serie de fantástico con Julien Maury e Alexandre Bustillo (Inside, Leatherface) dos cales producira previamente, con Metaluna Productions, a pelicula Aux Yeux des Vivants (2014) e o segmento X de ABCs of Death 2. Agora mesmo ten en desenvolvemento proxectos con Joe Dante, Douglas Buck e Abel Ferry.

Fernanda del Nido

Produtora de cine galega e profesora na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, membro de EAVE e ACE. En 2014 fundou Setembro Cine co obxectivo de producir para o mercado internacional películas de identidade propia. Posúe unha gran experiencia en coproducións internacionais. Produciu varias películas de éxito internacional: Una mujer fantástica (Sebastián Lelio, 2017), gañadora do Óscar á Mellor Película de Fala Non Inglesa; Princesita (Marialy Rivas, 2017) estreada mundialmente en Toronto, e Neruda (Pablo Larraín, 2016) con estrea mundial en Cannes.

Borja Pena

Produtor galego que comeza a súa carreira no audiovisual cando funda en 2001 Lorelei Producións con Xosé Zapata. En xaneiro de 2003 e xunto a Emma Lustres, crea a produtora audiovisual Vaca Films Studio, S.L. co obxectivo de converterse nunha produtora cinematográfica galega capaz de desenvolver e producir proxectos de calidade e éxito comercial destinados ao mercado nacional e con alta capacidade de internacionalización. É ademais académico da EFA (Academia do Cinema Europeo).

Alberto Álvarez Aguilera

Responsable de vendas para España e Latinoamérica e xerente de festivais en Reel Suspects, unha distribuidora internacional de cinema con sede en París. Reel Suspects está especializada no cinema de xénero e de autor, entre cuxos éxitos recentes se inclúen Demon (Marcín Wrona, 2015), Tenemos la carne (Emiliano Rocha Minter, 2016) ou Vanishing Waves (Kristina Buozyte, 2011).

Francisco Rodríguez Prieto

Experto en cine e programador. Estudou produción na ECAM. Traballou en Canal Satélite Digital nas canles Cinemanía e, posteriormente, en Canal +, en tarefas de selección de cinema, onde, entre outros traballos, participou na creación e lanzamento de Canal+ Xtra, posteriormente Movistar Xtra. Co nacemento de Movistar+ pasou a ser o responsable único de toda a selección de longametraxes da plataforma.

Romain Roll

É o director xerente do BIF-Market (o primeiro mercado cinematográfico dedicado só a cinema de xénero) no Festival Internacional de Cinema Fantástico de Bruxelas (BIFFF). Leva 30 anos involucrado na industria e durante 10 anos dirixiu o Cinénygma Luxembourg International Film Festival. Actuou no thriller de Paul Burrow Nature Morte e en The Strange Color of your Body’s Tears de Hélène Cattet e Bruno Forzani. Tamén é produtor e produtor executivo independente en Luxemburgo.

No hay próximos eventos actualmente.

1 Comment

  1. Elisa Vecino Fernández 8 days ago
    Responder

    Apúntome as xornadas de producción e distribución!!!

Leave a comment