O FESTIVAL FKM BUSCA PROXECTOS DE CINEMA DE XÉNERO

O FESTIVAL FKM BUSCA PROXECTOS DE CINEMA DE XÉNERO

Tes un proxecto de cinema xénero e buscas coprodución e/ou distribución? Non dubides en enviar un correo cos teus datos para reservar un espazo de reunión cos nosos expertos.
O Festival FKM organiza por primeira vez un Foro de Coprodución Internacional, composto por unhas xornadas formativas especializadas en cine de xénero sobre produción e distribución e un completo espazo de reunións one-to-one con expertos internacionais.
O espazo reservado para reunións individuais será o Centro Cívico Cidade Vella da Coruña, o día 15 de outubro en horario de tarde. Os asistentes poderán reunirse con Fabrice Lambot, produtor en Kabo Family (Francia) e Alberto Álvarez Aguilera / Responsable de vendas para Iberoamérica e Festival Manager en Reel Suspects (Francia).
Se non queres perder esta oportunidade, envía a túa ficha de inscrición (adxunta) antes do 10 de outubro a: fkmworks@fkmcine.org.

Leave a comment