Saint Young Men (Noriko Takao, 2013) 90′

Saint Young Men (Noriko Takao, 2013) 90′

Mércores 26 Outubro 11:30h. MAC

Autor: Hikaru Nakamura

Dous amigos deciden pasar un ano sabático compartindo apartamento en Tokio. Até aí todo normal, pero, e se vos dixésemos que se trata dos mismísimos Xesús e Buda que decidiron tomarse unhas merecidas vacacións?

No plano terreal, Xesús é un consumista que se parte coas bromas fáciles e Buda é un aforrador que imprime as súas propias camisetas. Pero a pesar de que gozan como o que máis da vida mundana, non poden evitar seguir sendo santos, o que en ocasións lles causa certos contratempos. Desde unhas rebaixas até a visita a un parque de atraccións pasando polo Nadal, calquera situación é boa para realizar algún milagre sen querer dando pé a situacións tan embarazosas como hilarantes.

selecta

Leave a comment

*