SEXO, PROVOCACIÓN E CENSURA: Homenaxe a Walerian Borowczyk

SEXO, PROVOCACIÓN E CENSURA: Homenaxe a Walerian Borowczyk

O FKM Festival Internacional de Cinema Fantástico da Coruña adica a súa X Edición á temática SEXO, PROVOCACIÓN E CENSURA, e rende homenaxe ao controvertido cineasta polaco Walerian Borowczyk.

Walerian Borowczyk (1923-2006). De orixe polaco, foi un dos mestres do cine erótico máis importantes da historia do cinema. Artista controvertido, comezou a súa carreira como diseñador gráfico facendo carteis de películas en Polonia. Logo pasouse ao mundo da curtametraxe onde colaborou con directores coma Jan Lenika ou Chris Marker facendo curtametraxes de animacion que mesturaban varios estilos e que estaban moi influenciados polo simbolismo e o surrealismo. En 1959 múdase a París e filma Renaissance (1963), Jeux des Anges (1965), Contes Immoraux (1974) ou La Bêtte (1975), mitos do cinema erótico. Borowczyk desenvolveu un estilo moi persoal, creando películas audaces e complexas, cargadas de sensualidade e moi subversivas. A súa obra foi fortemente censurada na maioría de países e algunhas das súas peliculas chegaron ate estar prohibidas. En España, por exemplo, en 1987, na TVE dirixida por Pilar Miro, suspenderon a emisión da súa película Interior dun convento (1978), baseada nunha obra de Stendhal e con fotografía de Luciano Tovoli, por considerala “extremadamente forte” e que ía “atentar contra cantidade de cousas”. O escándalo foi tal, que a emisión de catro escenas desta película, de 30 segundos de duración, no programa “De 7 en 7” que se emitía os domingos, provocou a destitución do seu director e realizador, José Luís Hernández Batalla.
O ciclo organízase en colaboración ca organización polaca AVA Arts Foundation, ca organización Friends of Walerian Borowczyk e co Instituto Polaco de Cultura.

AGRADECIMENTOS

Joanna Gdowska, Instituto Polaco de Cultura, Joanna Bardzinska, Marcin Paszko, AVA Arts Foundation, Daniel Bird, Friends of Walerian Borowczyk, Alberto Ruiz de Samaniego, Amélie​ ​Rayroles, Antoine Ferrason,​Tamasa​ ​Distribution,Tomasz Hagström, Studio Filmowe KADR, Laetitia Duhamel, AB-International Distribution, Ewa Bojanowska, New Europe Film Sales, Anastazja Orlowska.

 

Love Express. Przypadek Waleriana Borowczyka (Kuba Mikurda, 2018)

Outubro 18,18:00 - 19:30
CGAI
Durán Loriga, 10
A Coruña, A Coruña 15003 España
+ Google Map

Direción: Kuba Mikurda. A Desaparición de Walerian Borowczyk é un documental sobre este aclamado mestre do cinema erótico dotado dunha sensibilidade artística sen igual, herdeira do surrealismo. O filme componse dunha serie de entrevistas aos seus máis achegados colaboradores, directores e int...

Más información »

The Strange Case of Dr. Jekyll and Miss Osbourne ( Walerian Borowczyk,1981)

Outubro 18,20:00 - 21:30
CGAI
Durán Loriga, 10
A Coruña, A Coruña 15003 España
+ Google Map

Direción: Walerian Borowczyk. Nunha bañeira chea de químicos Henry Jekyll (Udo Kier) emerxe como un monstruosamente dotado Mr Hyde, disposto a someter á súa puritana muller aos excesos sexuais máis depravados. Obra mestra do cinema surrealista, Borowczyk alterna maliciosamente entre a farsa vi...

Más información »

Leave a comment