Video-regueifa do FKM 2016 = Explosión retinal!

Cando as luces da Fundación Luís Seoane apáganse para acoller a vídeo-regueifa do festival FKM, un nunca sabe o que se vai a atopar. As mentes máis retortas e perversas batéronse neste duelo audiovisual cuxo último obxectivo é provocar ao público as sensacións máis extremas. Por ese motivo véndense bolsas de “jomitar” no posto instalado no hall do teatro, como dirían os Les Luthiers.

O tema da vídeo-regueifa 2016 foi “Extraterrestres de aquí e de alá”. Extraterrestre é -por definición- toda cousa ou forma de vida que vén do espazo exterior. O concepto de extraterrestre-ou alieníxena- inspirou algunhas das criaturas máis xeniais e psicotrónicas da ciencia-ficción.

Nesta ocasión, Manel Cráneo e John Tones foron os perpetradores dunha serie de vídeos que arruinaron a imaxe que algúns podían ter dos seus personaxes da infancia. Na vídeo-regueifa E.T. non se contentaría con chamar á casa, senón que montaría un party-line con todo o vicio do que lle vimos capaz: sexo en grupo, autofelacións, insultos… unha xoia!

Pero como o sexo é un tema recorrente na vida, tamén o é na vídeo-regueifa, testemuños “reais” de persoas que din ser posuídas, no sentido máis carnal, por entidades alleas a este planeta, relataban os seus encontros sen contemplacións. Un non sabía se o que daba o seu testemuño era máis alieníxena que a cousa que dicía xacera con el.

01-vr-2016 02-vr-2016 Video-regueifa 2016 Video-regueifa 2016

Manel Cráneo e John Tones non deron tregua. Congraciaronse con clásicos como o querido “Vomitón” da serie “Get a Life” de Chris Elliott ou aproveitaron e subíronse ao carro das irreverentes parodias de “Space Balls”, de Mel Brooks.

E máis aínda puidemos atopar nesta ensalada extraplanetaria: aliens verdes que bailan cumbia, bachata, reaggeton ou o que sexa; mentes terrícolas moi, moi alienadas; abducidos de aquí e de alá entre os que destacamos a Asociación de Abducidos de Compostela; e simpáticos extraterrestres brasileiros, turcos, asiáticos e demais que se non provocaron a estampida do público foi porque a porta estaba pechada.

Finalmente, a pesar de que algún desfíxose a menear as “manciñas aplaudidoras”, a organización decidiu conceder un empate técnico aos contendentes, Manel Cráneo e John Tones. Rumoréase que os berros de “¡tongo!” puidéronse escoitar ata na Nostromo.

A pesar de ser vapuleado e humillado durante toda o vídeo-regueifa, a modo de bálsamo reparador o FKM quere finalizar esta entrada cunha frase de E.T. : “Estarei aquí mesmo.”

Leave a comment

*